Portada
Agenda
Filisofía
del Grup
Discografía
Qui es qui?
Dades Técniques
Que consti en Acta
Fotos Premsa
I tú
que hi dius?
Grupo nacido no ano 1994 coa
intención de dignificar e actualizar a música tradicional de
Mallorca, facendo unha lectura actual dos temas e cancións
que nos definen como pobo.
Preocúpanos a nosa identidade, o noso País, a nosa lingua, e a
nosa cultura, sen esquecer que formamos parte de Mediterráneo e
que la riqueza no
noso patrimonio cultural non pode desaparecer.
A medio camiño entre a tradición e a canción de autor temos
gravados cinco CD's “Projecte Roig”(1995) “De poetes i altres
codolades” (1997)
“Anem de gresca”(1998) , “Fent camí” (2001) e “amb Coherencia
(2004).
O grupo gañou o premio Cerveí coa canción “Mai l’amor es
impossible” do CD "Projecte Roig” con letra e música de Toni Roig,
premio outorgado pola
Fundación Prudenci Bertrana de Girona na súa edición de 1996.
Reivindicamos o MEDITERRÁNEO como espazo musical propio desde a
ribeira sur ata a ribeira norte sen esquecer o oriente.
Por tradición facemos uso dos instrumentos que, de forma
ancestral, sobreviviron ao paso do tempo, coa intención, entre
outras, de facer chegar ás
xeracións futuras tódolos valores que non queremos que se perdan.
Como sempre, seguimos comprometidos na defensa do noso País, a
nosa lingua e de unha forma de vivir e sentir que son as nosas
sinais de
identidade. Se as perdemos desaparécemos como pobo.
Queremos deixar aberta unha porta á creatividade, ás novas
tecnoloxías musicais, ás novas músicas de raíz étnica, xa que la
cultura é sempre unha
materia viva e loitaremos para que non se torne unha peza de
museo.
A cultura fai persoas ceibes. |
|